A propiedade está situada no "BARBANZA", no municipio de "Boiro" (fóra da cidade, a 3 km da cidade). É un lugar montañoso, preto da costa (3 km da praia "Barraña"). Un km 3 é o campo de golf "Macenda". O establecemento ten conexión a internet, xardín-terraza, grella, ten cociña, lavadora.
Ler máis
En Boiro, de A Coruña
é orgullo e moito honor
dicir que existe un lugar
que se chama valmaior.
Aquí, entre prados e flores
de variedades sen fin
está a casa rural
que é "A Casa do Patín"
Ten máis de trescentos anos
e xa encerra unha cultura.
o sustento das súas xentes
sempre foi a agricultura (tex. rural.Gt).
No seu bonito patín
por moitisimas pisadas
e polo paso do tempo
ten as súas pedras gastadas.
Esta casa centenaria
que cobixou docemente
sempre, tan só en herdanza
pasou os seus descendentes.
Por ser fogar moi querido
Perderse non se deixou.
A casa hoxe restaurada
para o turismo quedou.
Aquí danse as condicións
que toda persoa ansía.
Gozaredes vacacións
tranquilos e en armonía.
Atenderanvos os donos
con plena dedicación
e en ser amables e atentos
poran empeño e razón.
Vinde, poís, a visitar
entre cheiros de xazmín
esta casiña preciosa
que é "A Casa do Patín".